CIENCIAS NATURAIS E SOCIAIS


A Pirámide Alimentaria - Ciencias Naturais

Investigamos nesta pirámide alimentaria:



👉 Actividade 1

Inventamos unha rima ou un poema que indique as recomendacións para ter unha correcta alimentación.

👉Actividade 2

Obbservamos a alimentación que levamos durante unha semana. Comprobamos cales son os alimentos que máis comemos. Son os da base ou os da parte máis alta? Podedes pintar unha pirámide na vosa casa e ir comprobando en familia cales son os alimentos que ides comendo a diario (facendo debuxos ou con palabras).

Os contos de 1º A


Ola!
Supoño que te lembras dos contos que fixemos sobre os nosos compañeiros e compañeiras.

Aquí che deixo unha copia para que poidas ler os contos de todos os nenos e nenas. Podes imprimir o teu conto e facer o debuxo, pero tamén podes lelo na pantalla e logo facer o debuxo co teu animal favorito noutro papel ou caderno que empregues para a casa.


Os contos de 1º A


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Gracias por comentar