OS INSTRUMENTOS

Os instrumentos musicais

Nesta Unidade Didáctica imos coñecer en profundidade os instrumentos musicais. Aprenderemos a clasificalos e tamén as formas máis raras de producir sons.

Os Instrumentos Musicais


Como veredes nesta introdución imos ir coñecendo os diferentes instrumentos musicais, aprendendo a clasificalos e sobre todo, coñecendo os seus sons, se pinchamos os enlaces que aparecen alí.




Máis adiante, iremos facendo xogos e concursos para ver en que casa os coñecedes mellor.

CLASIFICACIÓN TRADICIONAL: 2º, 3º E 4º.

Tarefa de iniciación: 

Reflexiona e pensa no instrumento que máis che gusta de todos:

  1. Por que che gusta ese instrumento?
  2. En que agrupacións che gusta escoitalo?
  3. Cando o escoitaches por primeira vez?
  4. Cando o escoitaches, foi en directo ou nunha gravación?

Tema 1. Os instrumentos de corda




Os instrumentos de corda. Podes descargar este pdf, e observar as súas características. Aprender cousas sobre novos instrumentos que pode que nunca viras nin escoitaras.

Exemplos: 

Orquestra de corda Civitas Musicae. "Suite Holberg, op. 40" de E. Grieg.
 Cuarteto de corda Aquelas. "Canon de Pachelbel"

Violoncelo. Yo-yo Ma. "Preludio da Suite nº 1" Bach
Dúo de Violoncellos. 2CELLOS. 
"Thunderstuk"


Cuarteto de Contrabaixos. "A Pantera Rosa"


Dúo de Zanfonas. P. Bouffard e G. Chabenat. "Vouray"

Dúo de guitarras. Dúo Siqueira Lima. "Tico-Tico"

Guitarras eléctricas. Sinfonity. "Tocata e fuga en Re menor" J.S. Bach. 

Arpa. Daniel Jordan. "Cascada"


Salterio. Melodía

Tema 2: Os instrumentos de vento


Saxofón alto
Esta semana escoitaremos algúns instrumentos de vento. Tamén aprenderemos as súas principais características. Por iso vos enlazo este pdf. Instrumentos de vento


Fragmento da "Danza del Fuego" - "Amor Brujo" de Falla. No claustro da Catedral de Tui polo Quinteto de Vento de frauta, óboe, clarinete, trompa e fagote.


CUARTETO CARAMUXO. "Arrieiros somos" Catro clarinetes: dous deles sopranos, un baixo e un contrabaixo.

FRAUTAS DE BICO. Sexteto. Klaus Baldet interpreta "Piratas do Caribe" de Hans Zimmer.


THE ROYAL WIND MUSIC. Grupo de Frautas de bico. "Diligam te donime" de Ascanio Trombetti. Hai frautas de moitos tipos!


GALICIA BRASS. Grupo de Metais con sede en Compostela.

MNOZIL BRASS. Coa música do Avispón verde.

LUCKY CHOPS, con vento madeira, metal e batería, animan o metro de Nova Yorque.

DÚO BROTTO - MILLERET. Tocan o Acordeón Diatónico. Interpretan as Scottiches " Se n´avia ´na mia" e "Avenueschottis. 


DÚO MERCADANTE E BATTAGLIA- Co bandoneón e guitarra interpretan "Años de Soledad" de Astor Piazzola.

XABIER VARNUS, co Órgano, interpreta a famosa "Tocatta e fuga en Re menor" de J.S. Bach.

Se queredes aprender máis sobre este instrumento podedes botarlle unha ollada a este concerto didáctico. Non tedes que velo todo, pero explica claramente como funciona este aparatoso instrumento. 

CAMERON CARPENTIER, no órgano da Filharmonía de Berlín

Comprendestes os instrumentos de vento?

Probade con este xogo:






Ningún comentario:

Publicar un comentario

Gracias por comentar