ENTOMOLOXÍA e NATUREZA

Os nosos "bichos" 🐜    🐛   🐝   🐞

Estes son os pequenos invertebrados que fostes atopando dende que puidestes saír das vosas casas... e algúns incluso dentro teñen o seu propio fogar.
Gabriel (1º A) ilústranos unha abella, para amosarnos as súas partes.
Gael R. (4º E. I.) atopou este ourizo paseando polo parque. Claro! como os seres humanos estabamos confinados, eles podían saír tranquilamente. Pero Gael, como foi caladiño puido desfrutar del. Parabéns!!
Gael R. desfruta tamén coas súas amigas as formigas.  Ainda que logo as deixa libres para que sigan a traballar. 


Estas formigas teñen sorte, xa que nunca lles chove e teñen garantía de comida. As formigas que Belinda xa teñen unha cova con ovos.
Gael R. sempre sae de paseo cunha lupa na mochila, o que lle permite observar insectos como este grilo de matorral
Seguro que moitos e moitas de vós tamén atopastes algo. Pero Gael R (4º E.I.) cando fixo o Maio atopou este pequeno coleóptero: unha variedade de xoaniña de 10 puntos. Parabéns pola foto!

Vera B., viu unha araña na súa casa, que hábilmente debuxou sen esquecer unha soa pata.

Simón (1ºA) foi ao parque e atopouse con caracois, facendo un estudo rigoroso dos mesmos. Xa temos un especialista no cole.





Gael Rozas fixo un comedeiro para paxaros que adoitan visitar agradecidas as pombas e as pegas da súa rúa. 

Estrela atopou na súa casa este escarabello que fotografou ao lado dun lápis para que vexamos o tamaño.Coido que pode ser un dos chamados "Escarabellos do chan": depredadores de gran velocidade con mandíbulas poderosas. 

Estrela tamén atopou este "escarabello das flores": dubido entre a Cetonia cuprea ou o escarabello de ouro. Como observamos o seu tamaño é considerable, e a súa cor... preciosa.




Eu atopei estes escarabellos das flores (oxythyrea funesta) botando a tarde nunha margarida. (Para estes non hai medidas de seguridade COVID)

Xoaniña (coccinella 7 punctata) atopada por Estrela. Que sorte ten que o seu xardín estará protexido contra os áfidos. 



Aprendendo Bioloxía 🐝

Hoxe descubrín un blogue que pode que vos interese, a min encantoume!


Se o visitades podedes acceder a moitas publicacións, libros, artigos e mesmo descargar algunha guía, ou vela na web. (non son interactivas, pero son interesantes)

Animádevos e visitádeo👀

Día mundial do Medio Ambiente (22 Abril 2020)

Vaia, o Día Mundial do Medio Ambiente... e todo durante esta Pandemia Mundial🔬

Parece que non, pero esta pandemia influíu tanto na nosa civilización que tivo grandes repercusións en todo o mundo. 

Non só deixamos de ir á escola e aos centros de traballo. Algunhas persoas tamén tiveron que abandonar temporalmente os seus postos de traballo... Empresas nas que se emitían gases perniciosos para o noso planeta (aínda que daban traballo a moita xente).

Vouvos deixar unha serie de vídeos para que vexades en familia ao longo da semana... ou cando teñades un momento en que vos interese. Logo podedes reflexionar sobre eles.

EQUILIBRIUM. Aprendemos a vivir en harmonía co medio ambiente


RUNAWAY. A importancia do R que non se ve (Reparar)

RETROCYCLING ROBOT. A reciclaxe

🌳Actividades🌳
Pensade no que estades a facer dende a casa para coidar o medio ambiente.
Coñecedes os 3 R? Reducir - Reutilizar - Reciclar.
Credes que pode haber por ahí algún R máis?

Podedes enviar debuxos de cousas que fixestes ata agora, ou que fagades e dicídesme se queredes que as colguemos.
lauramusicaemais@gmail.com


Para quen sodes máis maiores:

OS EFECTOS POSITIVOS NO MEDIO AMBIENTE DO COVID 19



O confinamento, ademais de salvar vidas humanas e evitar contaxios, tamén tivo outros efectos no planeta. 
🌿Actividades🌈
1. Observa o vídeo e escribe unha nota periodística que informe aos familiares os efectos nas emisións ao planeta.
2. Cres que pode ter outros efectos favorables na natureza que nos rodea?

Podedes enviar as vosas reflexións e fotos de traballos con refugallo, observacións da natureza, para que os compañeiros as vexan.
lauramusicaemais@gmail.com

Comedeiro para aves

Bos días,
Gustaríame propoñervos unha tarefa para esta semana:

que vos parece se facemos un comedeiro para os paxariños?

Sei que a moitos e moitas de vós lles gustan as aves. Tamén me dixeron que as estudarades no cole fai un tempo.

Pois nesta época en que non podemos saír tanto como nos gustaría, podemos seguir observando aves. Aínda que vivamos na cidade. Podemos crear un comedeiro para elas, e virán a visitarnos a diario ao noso balcón. Tamén podemos poñelo no patio de luces e observalas xunto cos veciños e veciñas, pero tede coidado coa roupa!! (poden manchala toda).

Non esquezades pedir axuda de alguén maior para empregar o material e as ferramentas necesarias. Tampouco esquezades pedir permiso para poñerlles a comida necesaria. Esta é unha actividade que se desfruta moito máis se a facemos entre toda a familia.






como facer pastel de sebo


COMEDEIRO DE AVES.PDF

Cando o fagades, podedes sacar fotos dos paxaros que vos visiten, e poñelas nos comentarios.

Un saúdo.



Saúdos dos bichiños


Ola!
Somos os insectos e outros macroinvertebrados do cole. Co silencioso que está o patio estes días, podemos andar tranquilos sen preocuparnos de que os peques e as profes nos pisen.

Pero tamén temos que dicilo, botámosvos de menos.... poderes enviarnos algún debuxo?

Un bicho e unha aperta!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Gracias por comentar