INSTRUMENTOS DE VENTO

Os instrumentos de Vento - Aerófonos

Podes aprender máis cousas dos instrumentos de vento neste PDF: Descarga aquí

Se queres escoitar instrumentistas e agrupacións de famosos do mundo e da nosa terra, amosámosche os seguintes

Exemplos:


Fragmento da "Danza del Fuego" - "Amor Brujo" de Falla. No claustro da Catedral de Tui polo Quinteto de Vento de frauta, óboe, clarinete, trompa e fagote.


CUARTETO CARAMUXO. "Arrieiros somos" Catro clarinetes: dous deles sopranos, un baixo e un contrabaixo.



FRAUTAS DE BICO. Sexteto. Klaus Baldet interpreta "Piratas do Caribe" de Hans Zimmer.


THE ROYAL WIND MUSIC. Grupo de Frautas de bico. "Diligam te donime" de Ascanio Trombetti. Hai frautas de moitos tipos!


 GALICIA BRASS. Grupo de Metais con sede en Compostela.

 MNOZIL BRASS. Coa música do Avispón verde.

LUCKY CHOPS, con vento madeira, metal e batería, animan o metro de Nova Yorque.



DÚO BROTTO - MILLERET. Tocan o Acordeón Diatónico. Interpretan as Scottiches " Se n´avia ´na mia" e "Avenueschottis. 


DÚO MERCADANTE E BATTAGLIA- Co bandoneón e guitarra interpretan "Años de Soledad" de Astor Piazzola.

XABIER VARNUS, co Órgano, interpreta a famosa "Tocatta e fuga en Re menor" de J.S. Bach.


Se queredes aprender máis sobre este instrumento podedes botarlle unha ollada a este concerto didáctico. Non tedes que velo todo, pero explica claramente como funciona este aparatoso instrumento. 


CAMERON CARPENTIER, no órgano da Filharmonía de Berlín

Comprendestes os instrumentos de vento?

Probade con este xogo:

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Gracias por comentar