LETRAS GALEGAS 2020 - Carvalho Calero

Letras Galegas 2020 - Ricardo Carvalho Calero

"Tenho uma dor"



Tenho uma dor que me canta no peito, 

como uma rula engaiola fechada.

Ela me fai arrincarme do leito, 


pra fazer versos á luz da alborada.



Fun cazador incansable de estrelas 


fixen com elas licor de ilusión 

O meu brasón son estrelas marelas 


no campo rojo do meu coraçóm.  



Minha cançóm, minha dor latejante  


é bolboreta do lume brilante 


da outra fogueira da malencolía 


das acedumes da vida triunfante. 



Minha dor canta e eu déixoa que cante 


porque eu bem sei que ha finar algún día. 


2na Fronteira



Fan unha homenaxe á Xeneración Nós (o grupo de intelectuais máis compacto, homoxéneo e fértil de toda a historia cultural de Galicia forxado ao redor da revista Nós) e ás Irmandades da Fala (organización nacionalista galega activa entre o 1916 - 1931). 


O disco "Sons de Nós" contén 13 poemas publicados orixinalmente nesta revista. 
Neste disco ademais de voz e piano, tamén engaden o son do harmonio, batería, contrabaixo, zanfona ou violín, segundo a peza. 


Os escritores e escritoras que aparecen neste disco son: Francia Herrera Garrido, E. Blanco Amor, Xosé Verlo, Luís Bernárdez, Bouza Brey, Carvalho Calero ou Outeiro Pedraio. 


Xogo - Concurso

Podedes facer este concurso e ver, sen facer trampas, a que puntuación chegades. 
Ideal para os nenos e nenas de Primaria. 

DEBUXO

Se vos apetece, podedes facer un debuxo sobre a parte que máis vos gusta da canción, ou sobre o que vos fai sentir. 
Ideal para os nenos e nenas de Educación Infantil e 1º de Primaria.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Gracias por comentar