RECOMENDACIÓNS

As familias recomendamos....

Tes unha idea? Hai algo que che guste? Cóntanos!


Este apartado créase pola idea dalgúns usuarios deste blogue. Nel poderedes poñer os vosos comentarios, ideas e outros enlaces a cousas que vos gusten. 

Poderemos crear un entorno de participación, aprendizaxe e comunicación entre tódalas persoas que visitamos este blogue. (Aínda que participedes como "anónimo", podedes poñer o voso nome ao final do voso comentario).

Aquí vai unha recomendación: 

Como intuímos, os animaliños do bosque están contentos de que nós, os seres humanos non andemos a estorbalos e a contaminar o seu ambiente. As tornas cambiaron agora: os animaliños están libres, mentres que a humanidade está confinada! Ollade o contentos que están:
Curtametraxe con música de "Squilla il bronzo del dio", composta por Vincenzo  Bellini. Interpretada pola "Orchestra of the Welsh National Opera Dame Joan Sutherland Samuel Ramey e dirixida por Richard Bonynge. 


1 comentario:

  1. A nós gustaríanos partillar a música dos STAY HOMAS, uns rapaces de Barcelona que comezaron a gravar temas en directo, sen postprodución, durante estes días de confinamento. Danlle a todo (blues, bossa, pop...) e as letras son ben simpáticas :)

    Na casa estamos enganchadas e case non hai un día que non pinchemos varios temas deles. A música está a ser, de feito, unhas das grandes válvulas de escape nestes días. Colgamos aquí a lista de reprodución onde podedes escoitar todos os seus temas

    https://www.youtube.com/watch?v=1IyoH5nrSuI&list=PLRSdHg3eYEHoTL-ah1osGaSQvzNrT8G56

    Esperemos que os desfrutedes tanto coma nós ;)
    Bicos de Diego, Olalla, Naia e Gala

    ResponderEliminar

Gracias por comentar