REPASAMOS

Materiais didácticos

Para acordarnos das cousas que fixemos durante o curso, déixovos aquí algunhas audicións activas que fixemos en E.I.

Peer Gynt (poema sinfónico de E. Grieg)

Había unha vez un mozo chamado Peer Gynt. Vivía nunha pequena aldea, onde a vida pasaba tranquilamente. Nesa aldea tiña unha moza coa que estaba prometido para casar nun futuro.
A mañá
🎵 Escoitade a peza con atención, nun intre de tranquilidade e debuxade coas vosas familias a mañá en Santiago. 

Pero a él non lle gustaba a vida humilde. Quería posuír riquezas e o poder,  preferiría marchar e deixar todo atrás: á súa prometida, aos seus amigos e mesmo á súa querida nai. 
A historia continuou, non sen quebradeiros de cabeza; pero un día por fin atopou algo que o podería levar ao seu benquerido tesouro...
Atopou unha moza fermosa que lle dixo que era a filla do Rei baixo a Montaña. "É unha princesa!!" pensou Peer Gynt, e decidiu facerlle as beiras para convencela de que casase con él. A súa idea xa sabedes cal podía ser: conseguir o tesouro, e converterse en rei. 
A Princesa levouno á Cova Baixo a Montaña, onde lle prometeu que coñecería ao seu pai e podería pedirlle a súa man. 
Pero o que o noso amigo Peer Gynt non sabía era que todos eles tiñan un encantamento. Eran un reino de trolls, dende o último dos serventes ata a princesa e o rei. E enganaban á xente para conseguir máis serventes. Peer ceou con todos eles un gran banquete, pero quedou estranamente durmido. 
Ao espertar... Todos eran Trolls!! tratou de escapar con moito coidadiño para que non se deran conta. Colleu unhas moedas de outro e escapou paseniño daquela cova. Lembrades como era?
Na cova do rei baixo a montaña
🎵Buscamos unha habitación na casa, na que se poida apartar todo. Pedímoslle a alguén que agoche unhas moedas de ouro (podemos facelas con cartón). E ao son da música imos escapando da cova imaxinaria. Alguen pode xogar cunha variña máxica para transformar en rá a quen faga sons cando non hai música.

Cando Peer Gynt conseguiu chegar a fóra, lembrouse da súa familia e da súa moza á que tanto quería. Ao fin volveu á casa e gardou aquela moeda de ouro para lembrarse de que o importante era a familia e as amizades, non as riquezas e o poder. 

O Reloxo Sincopado (L. Anderson)


O Reloxo sincopado


🎵: podemos facer o tic-tac cunhas culleres de pau. A campá facémola cunha culleriña batendo nunha tixola, ou no testo dunha pota.

A Frauta máxica (ópera de W. A. Mozart)

A historia foi adaptada para os máis pequenos. Facendo que fose máis comprensible e menos machista. 
Descarga e lede en familia o Conto A frauta máxica.PDF


Papageno



Papageno: 🎵Mentres que Papageno se presenta imos andando por un bosque imaxinario polo que recollemos paxariños e os metemos na nosa gaiola imaxinaria.


A Rañiña da Noite



Raíña da noite: 🎵 debuxamos uns paxariños e empregámolos como marionetas cando a raíña "canta como un paxaro". 

Papageno atopa a Papagena

Pa-pa-pa... 




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Gracias por comentar