INSTRUMENTOS DE PERCUSIÓN

Os Instrumentos de Percusión - Membranófonos e Idiófonos


A familia dos instrumentos de percusión é moi extensa. Poderemos aprender algunhas cousas deste tipo de instrumentos e as súas clasificacións, segundo as súas características neste documento PDF. Descarga aquí

Exemplos: 

Percusión na Orquestra: 

TIMBAIS "Así falou Zarathustra", o fragmento tan coñecido por todos e todas. 
 ...e se vos gusta este instrumento tamén podedes ollar: 


"Carmina Burana", de Orff - "Oh Fortuna!" da man experta de Jesús Rivera aos TIMBAIS



MARIMBAS: Cuarteto de Marimbas interpreta  "Fossils - O carnaval dos animais" de Camille Saint-Saëns, na Percusive Arts Society (USA)

Grupos de Rock ou Metal:


BATERÍA. O famoso Mike Terrana interpreta "Angel of Revenge" - Vision Divine. Este é un dos mais grandes baterías do mundo, interpretando xunto con grandes orquestras. 

Agrupacións de percusión: 


Grupo de percusión GREEN LINE interpreta unha ben ensaiada coreografía percusiva. 

GRUPO DE PERCUSIÓN: "Batalla de Percusión". Entre as CRAZY DRUMMERS (de Odessa, Ucranía) e os EUROPEAN DRUMMERS (de Holanda). 

Percusión noutras culturas: 

RASCADOR E CONGAS. Que profesionais!!

 BATUCADA AAINJA. O poder dos 60 tambores!


TAMBORES XAPONESES. "A fertilidade do mar". Non lle quedan atrás!


BOMBOS DE S. LOURENÇO. En Viana do Castelo.


"INSTRUMENTOS DE POBRE". Neste video, Vanesa Muela ensínanos e cántanos cos instrumentos que había polas casas na tradición de Castela. Aínda que noutro idioma, son moi semellantes aos galegos. É un vídeo longo, recoméndovos que o vexades con tempo 😉.


TXALAPARTA. É un instrumento vasco de placas de madeira, que cre que se empregaba para comunicarse noutrora.

Outros instrumentos de percusión: 

CAMPÁS TUBULARES. Un instrumento propio das orquestras, que se bate con un marteliños de metal, como vedes.


HARMÓNICA DE CRISTAL. "Danza da Fada do Azúcre", de Tchaikovski. Aínda que pareza mentira xa existía no século XVII.

CELESTA. "Tema de Harry Potter". Tamén é bastante antiga, O tema de Papageno da Frauta Máxica (Mozart), tamén foi feito para este instrumento.

Así é por dentro: 



KALIMBA. Melodía interpretada por Pipa.

CUNCOS TIBETÁNS.

Percusión corporal: 

PERCUSIÓN CORPORAL. TARAMBÉ



PERCUSIÓN CORPORAL. Unha coral interpreta a choiva.


E ti,

Hai algún outro instrumento de percusión que che guste?
Hai algún grupo de percusión que cres que debemos coñecer?
Déixao nos comentarios, anímate!






Ningún comentario:

Publicar un comentario

Gracias por comentar