OS PLANETAS

Imaxina un planeta

Envíovos unha pequena tarefa que podedes facer en familia, para todas e todos os que queredes pasar un intre debuxando o que a imaxinación vos vai ditando.

1. Collede un anaco de papel ou cartón grande e as vosas pinturas favoritas. Vale compartir!

2. Escollede un momento en que vaiades estar tranquilos, por exemplo despois de comer. Pois necesitades uns 10 minutos de escoita activa. Se podedes, pintade no chan.

3. Conectade o voso móbil, tableta ou ordenador a un equipo que o amplifique ben (necesitamos uns bos graves).

4. Nos primeiros momentos da gravación, imaxinade cos ollos pechados e logo debuxade ou pintade as cousas que pasan polas vosas mentes. Trátase de pintar aquelo que soñamos mentres escoitamos a música.

5. Premede no seguinte video: 

Atoparedes a Neptuno.

6. Exploramos outros planetas do compositor. Se queredes, podedes indicarme a que mundo vos transporta, (non tedes por que coincidir con Gustav Holst). E podedes enviarme os debuxos e outras producións artísticas que fixestes en familia.

Actividade para 2º Curso: 





Gustav Holst.jpg
Para quen sodes máis maiores

Gustav Holst (Gustavus Theodore von Holst) 1874-1934.  

A súa obra máis coñecida é "Os Planetas". Inspirouse nas influencias do seu horóscopo, e trátase dunha obra descritiva.  El non consideraba esta obra como a súa mellor composición, e non consideraba xusto que o coñecesen sobre todo por esta obra. 

A obra componse de: 
1. Marte, o portador da guerra.
2. Venus, o portador da paz.
3. Mercurio, o mensaxeiro alado.
4. Xúpiter, o portador da ledicia.
5. Saturno, o portador da vellez.
6. Urano, o mago.
7. Neptuno, o místico.





🎓 Obxectivo:
Realizar unha escoita atenta da peza, unha escoita activa.
Representar gráfica e plásticamente as sensacións e emocións que nos produce a obra.
Mediante a expresión artística que podemos terao tempo que escoitamos unha obra tan descriptiva como esta, estamos alentando a nosa creatividade e por outra banda a expresión plástica vainos axudar a recoñecer as emocións que nos produce.
👉Recomendacións: non hai unha maneira correcta de expresarse, senón que debemos facer fincapé en que a escoita sexa atenta, para poder ir adquirindo unha sensibilidade cara a escoita da música.


Os Vosos Debuxos: 

Neste vídeo podedes observar os misteriosos mundos que creastes nas vosas máxicas mentes. 

Aurora (6ª E.I.) e o seu irmán desfrutan da música de Holst


Martín (4º) e Lúa (2º), cóntannos o seu conto dos planetas que imaxinaron




























2 comentarios:

Gracias por comentar