MUSICOGRAMAS

Os Musicogramas 

Que son?

Os musicogramas son un sistema de pre-escritura musical. Ollando un musicograma podemos observar a grandes trazos a estrutura dunha peza musical. 
Un gran impulsor dos musicogramas foi Jos Wuytack.  

🎓Para que os empregamos?

Nel podemos seguir visualmente aspectos como: 
  • 🎷🎺🎻 os instrumentos que interveñen
  • 🎶 as alturas e duracións das notas nas frases
  • 📣 a intensidade coa que se interpreta cada frase
  • 📊 a estrutura formal dunha peza musical
  • ⏰ o seguimento do tempo ao compás da música escoitada
Podemos traballar todos estes aspectos, pero non todos á vez, senón centrándonos só no que nos interese en cada comento. 



👉 Tamén podedes facer vós algún musicograma, pintando nun papel, ou cortando elementos que simbolicen a música. 
1. Escoitade a música que vos gusta e creade un musicograma que seguir co dedo ou cunha vara máxica (como nas clases). 

Musicogramas feitos co ordenador

Aí ven o Maio - Tiro na Testa



A Primavera - 1º Movemento - A. Vivaldi


Poema sinfónico de Peer Gynt - E. Grieg

 A mañá 
Na gruta do rei baixo a montaña:

+

Outros Musicogramas Feitos á man

BSO Star Wars - A marcha imperial


BSO Harry Potter - Tema principal



A Pantera Rosa



Os Musicogramas feitos polos nenos e nenas do CEIP Apóstolo Santiago

Zelda, videoxogo - Gabi, 1º B

Gabi fixo uns debuxos no seu caderno que expresan os diferentes motivos desta sintonía, ademais tivo a axilidade de presentalos por frases, como se se tratase de un poema.

O Maio - Leo 1º B


Leo atopou outra versión do musicograma do Maio, poñendo debuxos aos sons e versos que cantan na canción, seguíndoo coa súa "variña máxica". 

O Himno á Alegría - L. V. Beethoven - Lúa (2º)  e Martín D. (4º)

Neste caso, Lúa a Martín debuxaron os elementos representativos da letra deste himno. Pois a súa estrutura musical sería A-A´-B-A´. 

Super Mario Bros - Koji Kondo. Jeremías 1º A 

Jeremías amósanos a música que subxace no xogo de Super Mario, cos elementos do propio videoxogo. A verdade é que escolleu unha opción ben difícil, con moitos elementos sonoros. Segue os sons co noso protagonista.

Batman (serie 1966) - Neal Hefti. Brandâo 2º

O musicograma de Brandâo, en forma de collage amosa os motivos diferentes desta sintonía, cun final que non vos debedes perder.


O asombroso mundo de Gumball (intro). Celia 2º

Celia segue perfectamente a ritmo o musicograma que fixo, que indica alturas dos sons e tamén os timbres diferentes. 

Star Wars (Tema) John Williams. Antón 2º

Antón amósanos o seu musicograma para o tema principal de Star Wars, seguíndoo co dedo, e mesmo se atreve a cantalo! un crak.

El Hombre y la Tierra - Antón García Abril. Eire (2º)


Un expléndido musicograma o de Eire, que ademáis de seguilo con gran precisión, reflexa moi ben os diferentes timbres e motivos rítmico-melódicos desta famosa obra.

Chea de vida  - Naia (2º) 
O fabuloso musicograma de Naia é bastante "grande" para poñelo no blog, polo que vos puxen un enlace ao youtube. Pero só o podedes ver vós e dende este enlace. 

2 comentarios:

Gracias por comentar