INSTRUMENTOS ELECTRÓNICOS

Os Instrumentos Electrónicos - Electrófonos


Para aprender máis sobre estes instrumentos, sobre os que aínda se está a inventar todo un mundo de son, podemos ver este documento PDF. Descarga aquí.

Algúns Exemplos: 

Instrumentos electroacústicos ou electrificados

PIANO CON SISTEMA SILENT. Andrea Vizzini interpreta o "Noturno en Dob menor" de F. Chopin. Como vedes, o son pode dixitalizarse completamente con gran calidade.


GUITARRA ELECTROACÚSTICA. Freddie Mercury e Brian May interpretan "Love of my live"


KALIMBA ELECTROACÚSTICA. Vemos que sona incluso sen amplificar, pero amplificada podemos engadir efectos con pedais ou nunha mesa de son. 

Instrumentos electromecánicos ou electrónicos:


PIANO DIXITAL. (un dos máis conseguidos) Miyuki Maneko interpreta a "Campanella" de F. Listz, nun piano dixital Roland LX-17GUITARRA ELÉCTRICA E GUITARRA BAIXO ELÉCTRICO. O grupo SON OF A BACH, formado por J. Weik, F. Weik e D. Gibers interpretan unha "Burree - das Seis Suites para cello" de J. S. Bach.


VIOLONCELLOS ELÉCTICOS. Os famosos 2CELLOS interpretan "Hihway to hell", de ACDC xunto a Steve Vai.


VIOLÍN ELÉCTRICO. Luvienne versiona a peza dos Pequeniques "Palomitas de maíz".

AEROPHONE. Amosanse algunhas posibilidades de son que se pode obter deste instrumento con dixitación parecida á do saxofón e clarinete. 


BATERÍA ELECTRÓNICA. Johnny Rabb amósanos que esta batería é ideal para os estudantes que necesitan practicar preto de familia e veciños. 

Electrófonos puros: 

Non tratan de imitar o son dun instrumento acústico, e en moitos casos, tampouco se tocan como os anteriores. Imos expoñelos por orde de creación, pois os máis antigos xa son de mediados do s. XX. 

THEREMIN. Lydia Kavina (unha afamada intérprete neste instrumento) interpreta xunto á Radio Science Orchestra o tema da Banda Sonora do "Dr Who".

ONDAS MARTENOT


ONDAS MARTENOT  e Piano. Christine Ott e Anne-Catherine Kaiser  interpretan "Feuillets inédits" de Olivier Messianen.


ORGANO HAMMOND. Jon  Lord e The Hoochie Coochie Men interpretan a famosa "Green Onions".  É un vídeo logo, podedes desfrutalo completo ou ben paralo cando queirades.

Instrumentos que precisan dunha programación do son previa ao concerto: 


SINTETIZADORES. O teclista Kebu interpreta a BSO de Blade Runner, de Vangelis da man dos seus múltiples sintetizadores.

SINTETIZADOR. Outro afamado no campo é Hans Zimmer, o creador de innumerables Bandas Sonoras (entre elas Piratas do Caribe), pero neste caso interpreta BSO do filme "Interestelar".


DRUM PADS. A artista Arius interpreta unha versión da "Marcha imperial de Darth Vader" de Star Wars.

MESA DE MEZCLAS. A DJ Lucy M.


Novos electrófonos do s. XXI: 


ARPA LASER. Jean-Michel Jarre interpreta ao vivo "The time Machine Live"

LUVAS MUSICAIS. Expresan a música a través do movemento. Tamén deben programarse os movementos e sons antes de poder usalos.


Con estas tecnoloxías estanse a crear instrumentos electrófonos cada vez máis accesibles ao gran público. Agora por pouco diñeiro podemos crear música electrónica nos nosos fogares. 


OTAMATONE.


Con este documento podemos ver, aínda que non saibamos moito inglés, que  para facer música electrónica só temos que crear un elemento electrónico que faga son e, adxuntar un botón que premer, ou ben programar un  ordenador para que soe no momento oportuno. 


Agora vós: 

Coñecedes algún outro instrumento electrofono?
Hai algún que vos sorprendera polas grandes posibilidades que ten?
Os nenos e nenas de 6º, que xa practicastes a facer artiluxios mecánicos, atravédesvos cun instrumento electromecánico?

XOGAS?










Ningún comentario:

Publicar un comentario

Gracias por comentar