Un blog onde repasaremos cousiñas de Música, Entomoloxía en tódolos cursos e Ciencias Naturais e Sociais en 1º curso.
xoves, 14 de maio de 2020
martes, 12 de maio de 2020
Os vosos misteriosos planetas
Os planetas do CEIP Apóstolo Santiago
Xa podemos ver un vídeo cos fermosos traballos que fixestes escoitando esta música.
Desfrutade das creacións dos vosos amigos e amigas.
domingo, 10 de maio de 2020
Cantando a Carvalho Calero
Día das Letras Galegas 2020: Ricardo Carvalho Calero 📕
*Hoxe leredes na lingua que propoñía Carbalho Calero.
Esta semana estamos trabalhando com o escritor Ricardo Carvalho Calero.Ja temos investigado por conta própia e no blog da Biblioteca Vagalume, também resolvemos um mistério sobre este autor.
Hoxe presentamos o poema "Tenho uma dor" interpretado polo dúo 2na Fronteira:
"Tenho uma dor".
Letra: Carvalho Calero
Voz: Carmen Penim
Piano e arranxos: Maurizio Polsinelli
Quen quere ser POETA?
Xogo-Concurso:
En Primaria podedes facer este xogo, e anotar só a puntuación á que sodes capaces de chegar, con tres respostas erradas.Debuxo ou creación artística:
En Infantil e mesmo en 1º podedes facer un debuxo da parte que máis vos gusta do texto da canción ou do que vos fai sentir e envialo ao correosábado, 9 de maio de 2020
Apoios TIC
Imos apoiarnos coas TIC 💻
Nesta época en que nos vemos forzadas a poñernos ao día nas tecnoloxías da información e da comunicación (TIC), imos axudarnos entre todas para poder facer os nosos traballos de forma máis sinxela e eficiente.Co paso dos días, e como vos estades animando a enviar os vosos traballos, tamén estou a percibir que algunhas persoas estades a ter bastantes problemas co tamaño das imaxes que queredes enviar, obrigándovos a pasar un sobreesfrozo de edición que non debería ter lugar, por engadirse ao voso traballo actual.
Hoxe preséntovos un Titorial moi Sinxelo para poder escanear dende o propio móbil.
Como pasar as fotos automaticamente a PDF e dende o móbil 📲
Se queredes saber máis facede click aquí.
*Teneis un tutorial en español, e outro en galego.
Non somos expertas, pero aprenderemos xuntas. 😊
luns, 4 de maio de 2020
Aí ven o Maio
Aí ven o Maio...
Escoita activa (tódolos cursos)
Actividade para nenos e nenas de primaria.
Aí ven o Maio
de flores cuberto
puxéronse á porta
cantándome os nenos
Este é un musicograma, como puidestes observar no apartado dos Musicogramas, este é un vídeo que amosa unha lectura diferente da canción que interpreta o grupo rock Tiro na Testa.Segue a roda azul que che indica cómo ler esta "partitura".
👉 Recomendacións:
Pon o vídeo a pantalla completa.
Tamén podedes crear en familia o voso propio musicograma sobre unha canción que elixades entre toda a familia.
Non ten por qué ser unha creación no ordenador! podedes facendo con debuxos recortados de distintas cores.... flores, obxectos que hai pola casa...
Quen envíe un vídeo, poderá velo neste blogue no apartado dos Meus Traballos.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
