Os cantos de panadeiras
Os cantos de panadeiras eran cantos que se facían co acompañamento da música feita só con percusión corporal, maiormente as palmas.Eran moi divertidos, pois facíanse cando se estaba a amasar o pan, coas mans cheas de fariña, convertindo un traballo duro en un traballo moitos máis livián e divertido.
Artesa. |
Agora preséntovos un pequeno reto:🏅
Como no confinamento estamos a facer moitas artistadas na cociña axudando ás nosas familias, aproveitaremos un día no que esteamos amasando con calma para cantar un canto de panadeiras, ou ben a acompañar con este ritmo un canto de maios, como fago eu neste exemplo.
🎶O vídeo pode parecer longo, pero é para que desfrutedes a música que se presenta nel.
👀Aprende observando e imitando cada un dos pasos que aparecen no video.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Gracias por comentar