A nosa amiga Marta Otero preséntanos hoxe un reto que ten moito que ver coa nosa área de música.
Como podemos ver, tamén está o enlace na páxina do cole, pero podemos observalo tamén aquí:
Neste vídeo Marta ensínanos pasiño a pasiño a bailar unha muiñeira, e incluso a inventarnos pasos, coa fermosa música de Davide Salvado.
Os cantos de panadeiras eran cantos que se facían co acompañamento da música feita só con percusión corporal, maiormente as palmas.
Eran moi divertidos, pois facíanse cando se estaba a amasar o pan, coas mans cheas de fariña, convertindo un traballo duro en un traballo moitos máis livián e divertido.
Artesa.
Para aquelas e aqueles que non o sabedes, antigamente amasábase na artesa, que era unha especie de arcón de madeira, no que se almacenaba a fariña e tamén se amasaba o pan. Como a artesa era como un pequeno armario coa porta na parte superior, daba gran sonoridade ao acompañamento das mans.
Agora preséntovos un pequeno reto:🏅
Como no confinamento estamos a facer moitas artistadas na cociña axudando ás nosas familias, aproveitaremos un día no que esteamos amasando con calma para cantar un canto de panadeiras, ou ben a acompañar con este ritmo un canto de maios, como fago eu neste exemplo.
🎶O vídeo pode parecer longo, pero é para que desfrutedes a música que se presenta nel.
👀Aprende observando e imitando cada un dos pasos que aparecen no video.
Nesta semana tamén creei o apartado chamado: meus traballos
Alí poderemos ver os traballos de música que fomos facendo todas e todos nas nosas casas.
Estádelo facendo moi ben! traballades coas vosas familias con moito cariño e esforzo e iso vese nas fermosas obras de arte que mandades. Tendo en conta o cansas que estades todas, e as ganas que tedes de saír á rúa.
Agora que xa podedes acompañar ás familias á compra e aos recados o confinamento vai ser moito mellor de levar, para coller as cousas con outros ánimos.